Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

143 T o p ó n i m o s Toxeira designa, como toxal , un ‘terreo poboado por toxos’ (Dicionario de dicionarios) . O toxo (dunha base prerromana toju ) era un arbusto moi usado na vida cotiá dos nosos paisanos e paisanas ao ser utilizado como cama do gando e para combustible. Segundo o Catastro de Ensenada (1753), a parroquia de Comesaña contaba con 3362 ferrados, dos cales 406 correspondían a «montes abiertos ynutiles» poboados na súa maioría de carrascos e toxos. O carro de toxo naquela época valía tres reais. Ensenada infórmanos de que «un ferrado de monte de los zerrados de particulares primera calidad, en los términos de la villa de Vigo y referidas feligresías de su jurisdicción consideran puede producir de quatro a quatro años tres carros de toxo, el de segunda [calidad] de seis a seis [años] dos [carros] y el de tercera de ocho a ocho, uno». «medio ferrado de monte (...) al sitio de toxeira » (1752, CME, Leigos, f. 753r) «terreno a tojal y algunos pinos Tojeira de 236 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Francisco Vila Vila, f. 15) Ufas, As Terras ocupadas na súa maioría polo polígono industrial do Caramuxo. As Ufas é un dos moitos nomes da parroquia que debeu ser orixinariamente en singular, A Ufa , que se empregaba só a forma plural para referirse ao conxunto de todas as terras. Trátase dunha alteración de Aúfa ou Aúfe , na cal o a- inicial converteuse en artigo feminino e formou A Ufa ou A Ufe tan presente na toponimia galega. Teñen todos estes nomes a súa orixe nun antigo nome medieval de orixe xermánica A daúlfus (en romance, Adolfo). O paralelo noutras áreas de Galicia conserva o l : Ulfa, Ulfe, A Ulfa ou Aúlfe. Na área tudense, nese contexto - ulf - o l pérdese para casos como Randufe, Bandufe ou Mañufe. É un dos moitos nomes que nos desvela quen foi o seu antigo propietario.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==