Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 142 Torreiro, O Espazo en que se fan as festas ao pé do Palco Novo, detrás da cabeceira da igrexa parroquial. É un dos sitios máis populares da parroquia e lugar de encontro, onde aínda hoxe se fan as festas patronais. En orixe terreiro ‘espazo aberto, praza’, derivado de terra (aquí coa mesma alteración ca torrón por terrón ). Un dos seus sentidos máis xerais en galego é precisamente ‘espazo de terreo, xeralmente chan e desprovisto de herba e de árbores onde os nosos aldeáns celebran os seus bailes’ (Dicionario de dicionarios) . É moi normal polo tanto nas parroquias galegas que o espazo que se abre nos arredores das igrexas se chame torreiro ou turreiro. Torres, As As Torres é o nome das principais terras que explotaba a veciñanza do barrio da Rodeira, A Igrexa e Sanín. Procedente do latín turris ‘torre’, é un nome frecuente na toponimia. A miúdo, con torre non só nos referimos a un lugar de vixilancia pola súa posición orográfica, senón tamén a unha fortaleza propiamente dita. No caso de Comesaña, a veciñanza da parroquia dá a explicación popular de que os campos situados neste lugar entre os barrios da Rodeira e da Igrexa se denominan así por ser uns terreos dende os que se ve a torre do campanario da igrexa parroquial. «diez y seis ferrados de monte (...) al sitio de thomada da Torre » (1752, CME, Leigos, f. 423v) Toxeira, A A Toxeira é o nome duns campos hoxe cercados no barrio de Casás que, pese a que xa non teñen toxos, si están de poulo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==