Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
141 T o p ó n i m o s Tomada dos Coellos, A Tomadas na estrema con Coruxo, que está xa máis no lugar de Fragoselo ca na propia Comesaña. A Tomada dos Coellos , localizada nas estremas con Fragoselo, debeu estar chea de tobais de coellos. Pese a ser un animal abundante nos nosos montes, o cuniculus en latín debeu de estar moi presente nestas terras para que se comezase a denominar o lugar así. «un ferrado y medio de deesa (...) al sitio de Coutada dos Cuellos » (1752, CME, Leigos, f. 504r) Tombo, O Lugar situado no barrio da Igrexa que cae en pendente cara á estrada de Camposancos. Do latín tumulum ‘altura ou prominencia’, úsase aínda como termo vivo na fala para referirse a unha pequena elevación no terreo. O galego usa a expresión ‘andar aos tombos’ e derivados como tumballada ou estomballarse que encerran a mesma acepción de ‘caída,tombo’. «dos ferrados y medio (...) secano al sitio Tombo de la Yglesia » (1752, CME, Leigos, f. 553v) Topete, O Parte máis alta do barrio de Casás camiño do Castro. É un derivado diminutivo de tope ou topo con sentido de lugar alto. «un ferrado de monte (...) al sitio de Tupete de Casás » (1752, CME, Leigos, f. 504v)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==