Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 140 Un tendal é un ‘lugar no que se tendía algunha cousa ao sol’ (Dicionario de dicionarios) . Nun dos casos, o topónimo O Tendal refírese no barrio de Comesaña a un lugar en que se tendía a roupa, mentres O Tendal de Bras, en Casás, era un cocho onde este veciño da Regueira puña a secar o millo. O antropónimo Bras , de Blas, debeu ser común en Fragoso se atendemos a outros topónimos documentados como A Dobrada de Bras (Sárdoma) ou o Campo de Bras (Lavadores). Tomada, A; Tomada de Costelas, A; Tomadas do Arieiro, As; Tomada do Muíño, A; Tomada do Médico, A; Tomadas Novas, As; Tomadas Vellas, As O substantivo tomada é na súa orixe o participio do verbo tomar , que desde o seu significado de ‘gañar, conquistar’ pasou a denominar no léxico agrícola a acción e o resultado de actuar sobre a terra brava ou de monte co obxecto de facela apta para o cultivo. Tomada é para a maioría de Fragoso e de Miñor ‘parcela de monte’. Foron probablemente en orixe terreos gañados ao monte comunal e que comezaron a ser traballados por particulares. Eladio Rodríguez, baseándose nisto último, defínea no seu dicionario como ‘anaco de monte propiedade de particulares e non comunal ou do Estado’ (Dicionario de dicionarios). Temos así presente o substantivo tomada en nomes como A Tomada do Muíño , en referencia á proximidade do muíño do Topete (Casás); As Tomadas Novas , contrapostas a As Tomadas Vellas (tamén denominadas O Poulo); as primeiras son terreos sacados de monte moito despois que as segundas, que como o seu outro nome indica, deberon ser nalgún momento abandonadas; As Tomadas do Pazo ; A Tomada da Presa (Casás), nomeada así pola proximidade da presa da Aguieira; A Tomada de Costelas (Casás); A Tomada do Médico (Sanín), refírese seguramente ao seu propietario don Juan, médico da parroquia e veciño da Igrexa; ou As Tomadas do Arieiro (Casás).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==