Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
139 T o p ó n i m o s «terreno a monte Talliño de 340 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Antonio Comesaña Vila, f. 2) Teixugueiras, As Campos e prados situados diante do cemiterio de Bouzas, no actual PAU de Navia. Os tobos ou tobais que moita xente recorda existir nestas terras eran certamente de teixugos (Meles meles) . Así, unha teixugueira é un ‘sitio ou lugar onde os teixugos teñen a súa gorida’ (Dicionario de dicionarios) . Este mamífero carniceiro era temido polos nosos paisanos e paisanas por ser moi prexudicial sobre todo para as colleitas de millo nas que actúa de noite. Recibe tamén o nome de tourón . A dureza destes animais serviu para acuñar o dito «ser duro como un teixugo». «diez cavaduras de viña al sitio de Teijueiras ...» (1752, CME, Leigos, f. 514r) «tres quartas de ferrado (...) secano al sitio de Teijueiras » (1752, CME, Leigos, f. 528r) «seis cavaduras de viña (...) al sitio de Teijueiras » (1752, CME, Leigos, f. 638r) «Domingo dos Castiñeyros trae un cocho da Teyjugeyra » (AHMV, Relazion, 1643, f. 2v) «la metad de la viña das Theyxugueyras » (AHMV, Memorial, 1772, f. 5v) «en la leyra do Theyjugo » (AHMV, Memorial, 1772, f. 6v) Tendal, O; Tendal de Bras, O O Tendal é o nome dunhas terras preto da casa do Rodríguez en Comesaña, no cal aínda hoxe se tende a roupa. O topónimo O Tendal do Bras , recollido preto da Regueira en Casás, é o nome dunha leira ao pé da encrucillada entre o camiño que vai á Regueira e o que leva ao muíño do Grilo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==