Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 138 Acaso se trate dun derivado de tallo con sufixo diminutivo -ín . A súa pluralización atende ao conxunto de pezas de terra. «campo junto a este que se dize la heredad de Tallín y demarca con la cortiña do Souto (AHMV, Relazion, 1643, f. 2r) «dos ferrados y medio (...) secano al sitio de Tallarín » (1752, CME, Leigos, f. 456v) «campo que se llama el Tallarín lleuara en sembradura seis ferrados» (AHMV, Relazion, 1643, f. 1r) «Gregorio de Comesaña trae un cocho que se dize de Tallarín» (AHMV, Relazion, 1643, f. 3v) «Domingo González trae el campo de Tallarín pegado a los molinos señas» (AHMV, Relazion, 1643, f. 4r) « campo de Tallarín de diez ferrados de pan en sembradura y demarca con heredad que llaman do Anguieiro y río de Sárdoma » (AHMV, Morgado de Pazos, 1643, f. 1r) Talliños, Os Un dos lugares máis fermosos e naturais de toda a parroquia pódese ver aquí, en Os Talliños , espazo onde o río crea unha serie de pequenas fervenzas e move ata dous muíños. A pequena fraga aquí conservada ao pé da estrada do Zondal é digna de ser visitada. Derivado diminutivo de tallo , substantivo procedente do verbo tallar (do latín taliare ) ‘cortar cunha ferramenta’. Un tallo é segundo Antón Santamarina unha ‘leira longa e pendente que se traballa en sentido transversal’, pero tamén pode referirse a cada unha das divisións menores ás que foi exposta unha gran propiedade. É con este último significado co que en Comesaña aínda se usa tallo , xenérico referente a ‘terreos pequenos’. Os Talliños son hoxe monte comunal. «dos ferrados (...) regadío al sitio de Talliño do Freijo » (1752, CME, Leigos, f. 644r) «un ferrado (...) regadío al sitio do Talliño » (1752, CME, Leigos, f. 776)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==