Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
137 T o p ó n i m o s saltus . O souto de Comesaña vese modificado polo adxetivo novo , que designa un novo espazo dedicado a castiñeiros, fronte a un xa existente pero sen presenza na toponimia (O Souto ou O Souto Vello). No Catastro de Ensenada cítase un «montte vajo en el sitio de Soutto novo de avajo». «Se le pasó cargo de dos reales y diez y siete maravedís que pagan Sebastián de Comesaña y consortes por el campo de souto nobo » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 52) «Sebastián de Comesaña (...) casa terreña al sitio de Soutonovo » (1752, CME, Leigos, f. 763r) «... un molino de una rueda al sitio de Soutonovo ...» (1752, CME, Leigos, f. 769r) «una quarta de monte (...) al sitio de Soutonouo » (1752, CME, Leigos, f. 623r) Táboa, A Paso existente nun dos estreitamentos do río Lagares á altura do barrio da Viña da Veiga. Aínda que moita xente di este nome castelanizado, A Tabla , oín dicirlles a varias persoas como os seus maiores xa dicían A Táboa , pero que como rían deles e sentían vergoña acabou por substituírse pola forma actual. Procedente do latín tabula , o paso consistía nunha táboa de madeira disposta dunha beira á outra do río para o cruzar. A súa presenza deu pé a coñecer a zona onde se encadra como Os Campos da Táboa . Tallaríns, Os Nada queda das antigas terras de Os Tallaríns ao construír sobre elas a actual Zona Franca.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==