Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 136 Serán, O Espazo que se abre ante unha das máis importantes bodegas do barrio de Rial no propio camiño. Os seráns eran ‘reunións nocturnas de carácter festivo’ (Dicionario de dicionarios) . Do latín * seranum ‘relativo á tarde’, era no barrio de Rial onde se debía celebrar un dos seráns con máis sona da parroquia e onde mulleres e homes se xuntaban a tocar a pandeirada da que aínda algunha veciña fala no lugar. O baile e o canto eran os protagonistas. A estas festas as mozas ían acompañadas das súas nais que, atentamente, vixiaban con quen beillaban . Nas visitas pastorais que o bispo de Tui facía á parroquia anotaba a cada pouco que «no se hagan juntas de noche así de hombres como de mujeres en lo que se llaman seranes por las muchas ofensas que cometen contra Dios Nuestro Señor». Chegouse mesmo a ordenar que a «los padres de los hijos e hijas que se hallaren en tales molinos y seranes tocando y danzando los multara por cada uno en cuatro reales y por la segunda vez en ocho» (Arquivo Histórico Diocesano de Tui (AHDT), Libro de visitas pastorales, 1722. f. 20v) Simona, A Entre o barrio do Pazo e Comesaña, detrás da casa do Cuco, hai aínda a día de hoxe unhas pequenas leiras que se chaman A Simona . A Simona é tamén un lugar da parroquia de Valadares que lembra de quen era a súa propiedade: A Simona é A de Simón . Souto Novo, O Tomadas no lugar da Regueira en Casás poboadas hoxe de eucaliptos. Os soutos son ‘terreos cubertos de árbores, bosque’, normalmente castiñeiros e carballos (Dicionario de dicionarios) . Provén do latín
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==