Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

135 T o p ó n i m o s «un ferrado (...) secano al sitio de Barjiñas de Sárdomas » (1752, CME, Leigos, f. 498r) «Los herederos de Domingo Fernandez Patrón, deben pagar anualmente la limosna de una misa resada (...) [fundada] sobre su heredad que llaman de sárdoma » (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 12v) «Juan do Salgueiro fundó una misa anual rezada (...) sobre el campo de sárdoma en la semana de San Andrés» (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 27v) «veiga que llaman de Sárdoma , de catorce ferrados en senbradura que parte con el río de la puente de Sárdoma y con campo que llaman de Medinas que hes de la fábrica de San Payo» (AHMV, Morgado de Pazos, 1643, f. 1r) Seca, A De entre os diversos campos que traballaba a veciñanza de Casás, Rial e Comesaña, A Seca é o nome das terras lindeiras con Costelas, As Anicacas, A Fría, O Abelar... A Seca é un topónimo procedente do latín siccu que na toponimia se refire a terreos faltos de auga ou que non se asolagaban no caso de cheas do río e quedan en seco. Sequeiros Terras ocupadas hoxe por fábricas na estrema con Coruxo, quizais xa máis nesta parroquia veciña ca na de Comesaña. Entre as acepcións que máis se barallan para a orixe do nome destas terras do Romeu é o de terras de secaño; é dicir, que por carecer de auga non son de regadío e nelas sementábanse cereais como trigo, avea, centeo, cebada ou produtos da horta que non requirisen de moita humidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==