Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 134 Do mesmo xeito que as mámoas coñécense tamén por minas , petóns ou medoñas , nalgúns lugares denominan estes monumentos madorras . Esta última variante debeuse dar en terras de Fragoso e Miñor. Na toponimia de Comesaña, aínda que se perdeu na fala, quedou o seu fósil na documentación: «Miguel Estéuez trae el cocho da Madora que aora le puso de viña» (AHMV, Relazion, 1643, f.2r.) «... más veinte y ocho maravedís que anualmente paga Jazinta Paredes biuda de Joseph de la Iglesia vesina de Bigo por la biña dela madorra » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, núm. 226, estante 9E/10A, f. 52v) «Juan de Comesaña da Pedreira paga veinte y ocho reales por la leira da Madorra » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, núm. 226, estante 9E/10A, f. 11) Sárdomas, As Por detrás da gasolineira da Pedreira en Comesaña, existe aínda hoxe un pequeno reduto de terras destinadas a desaparecer coa industrialización da zona que aínda hai quen lle chama As Sárdomas . Diferentes fontes históricas testemuñan o emprego deste vello hidrónimo noutras parroquias de Vigo. Sárdoma ten a súa orixe nunha raíz indoeuropea * serh - ‘fluír’, que ademais de no caso vigués está presente no nome doutros ríos galegos como O Sar ou O Sorga e mesmo portugueses, como o río Certoma, procedente dun Sertoma, variante morfolóxica de Sárdoma. Hai outro Sardoma en Ponteareas, como nome dun regueiro e das terras que este rega. Polo demais, o hidrónimo é sen dúbida prerromano e indoeuropeo. «María da Riueyra de Matamá trahe vna heredad que llaman la beyga de Sárdoma» (AHMV, Relazion , 1643, f. 1r) «tres ferrados y quarta (...) secano al sitio de Sárdomas » (1752, CME, Leigos, f. 415v)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==