Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
133 T o p ó n i m o s «Joseph González (...) casa terreña al lugar de Sanín » (1752,CME, Leigos, f. 486r) «las dos leyras o parras de Sanín » (AHMV, Memorial, 1772, f. 5r) Santas, As; Santas do Carreiro, As; Santas do Sancholo, As Terras situadas na actual Zona Franca e as máis próximas ao barrio da Pedreira. Antas , do acusativo do latín antas ‘piares aos lados das portas’ preséntase asociado na toponimia normalmente a enterramentos megalíticos de fins do v milenio a. C., que perduran ata finais do iii milenio a. C. As antas serían a parte interna do enterramento, cubertas por terra e pedras formando a coiraza da mámoa. Segundo o Gran dicionario Xerais da lingua , as antas posúen tamén a acepción de ‘marcos de pedra de gran tamaño chantados verticalmente na terra’. Tende a xente a dicir e escribir Santas por aglutinación que se dá na pronuncia ao unir o artigo As + Antas = As Santas . Do mesmo xeito escríbese historicamente. «Pablo Romero funda un censo sobre siete ferrados de trigo de renta que en cada un año le paga Juan da Vila Balladares vezino de San Esteban de Beade (...) sobre la viña que se dize das santas » (1661, AHD, Convento de dominicas da Anunciada de Baiona, 16, carpeta 2, f. 1v) «el campo que se dice das santas de abajo en el citio que se dice do Rapadoyro » (1761, AHDS, D-405, Protocolos do escribán Domingo Carbia Hermida) «viña de Cancelo que linda con camino que ba para las antas » (1661, AHDT, Convento de dominicas da Anunciada de Baiona, 16, carpeta 2, f. 1v) «tres quartas de ferrado (...) al sitio de Santas » (1752, CME, Leigos, f. 412v) «medio ferrado (...) secano al sitio de Santiña » (1752, CME, Leigos, f. 417r) «tres ferrados y medio (...) secano al sitio de Santas » (1752, CME, Leigos, f. 544r)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==