Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 132 Sanín; Sanín Grande Barrio localizado na estrema con Matamá e no cal se localiza o Centro Cultural Nautilius. Procede dun nome persoal latino-cristián S enninius ou S anninius (ou en - inus ), probablemente orixinario de senex , senis ‘vello’. É o nome deste barrio de Comesaña un recordo dun home propietario da Villa Sanini. O uso do xenitivo para un nome de poboación durou ata o ano 1000 aproximadamente. Outros Sanín galegos poden ser altomedievais e supoñelos romanos é arriscado. Os derivados de nomes persoais que son romanos con certeza son os formados con - ana , como Lourenzá, Touriñán ou Nigrán. Os formados con xenitivos en - i poden ser mesmo do ano 1000. Entre os casos documentados, temos nas terras do Salnés en 1138 «in terra de Sancta María de Lanzada villam Sannim concurrentem ad ecclesiam Sancte Eulalie de Denna». 18 En 1261 «in eodem die marcham unam et dimidiam de sannin ». 19 Existe este mesmo nome en Bergondo, Brión e Paderne na Coruña; Ribadavia en Ourense e Marín en Pontevedra. Unha das terras localizadas dentro deste barrio recibe o nome de Sanín Grande, atendendo ao seu tamaño, posiblemente co único fin de distinguilo doutro labradío que o propietario tiña na contorna, de menor tamaño. «un tercio de ferrado (...) al sitio de Sanín » (1752, CME, Leigos, f. 426v) «una quarta de ferrado (...) secano al sitio de guertas de Sanín » (1752, CME, Leigos, f. 445v) «... un molino de una rueda al sitio de Sanín ...» (1752, CME, Leigos, f. 459r-459v) 18 Codolga: Corpus Documentale Latinum Gallaeciae. Editado por Pérez Rodríguez, F. J.: Os documentos do Tombo de Toxos Outos , núm. doc. 9773, p. 26-27, f. 5r-5v. 19 Codolga: Corpus Documentale Latinum Gallaeciae. Editado por López Ferreiro, A: Historia de la Santa Iglesia de Santiago de Compostela , núm. doc. 6768, p. 96-98, f. 235r.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==