Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

131 T o p ó n i m o s O nome dos campos con referencia a santos teñen ás veces unha explicación tan fácil como O San Miguel que existe no barrio de Fontes (Baíña), leira así nomeada por ser onde polo San Miguel se puñan os cachopos da herba a secar. Sancholo, O Terreos da actual Zona Franca. O Sancholo parece un derivado do nome persoal Sancho, co mesmo sufixo de Manolo. Podería tratarse dun sobrenome de propietario. Sandrigo, O Viñas e campos situados diante da casa do Jachía no barrio do Rial. Foi o nome medieval de orixe xermánica sendericus o que deu orixe á denominación destas terras de Rial. O topónimo Sandrigo ten topónimos semellantes nalgunhas zonas de Galicia e Portugal, derivados do xenitivo, como Sandriz, Senderiz ou Sendriz. No Sandrigo tiña o igrexario de Santo André A Leira da Candea . «más quatro reales y veinte reales que pagan Francisco y Bartholomé Rouco (...) por el campo de San Drigo » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 52v) «medio ferrado (...) secano al sitio de tombo de Sandrigo » (1752, CME, Leigos, f. 498r) «quatro ferrados (...) secano al sitio de Barja de Sandrigo » (1752, CME, Leigos, f. 502v) «... molino de una rueda al sitio de San Drigo muele con agua de presa...» (1752, CME, Leigos, f. 504v) «dos ferrados (...) secano al sitio de Barja de Sandrigo » (1752, CME, Leigos, f. 761r)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==