Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 130 Saides Terras ocupadas pola Zona Franca. Os filólogos e filólogas outórganlles distintas explicacións a topónimos como Saídes ao ser dubidosa a súa orixe. Bascuas (2014: 269) indica que Saíde pode ser unha simple variante de Zaíde con seseo e, Saídes un patronímico *Z anitizi ( zanitus ) ou derivado do verbo saír coa final relaxada en -e . Hai un O Saído na parroquia de Pontedeva, en Ourense, que se enmarcaría nesta proposta. Piel (1976: 234) fai derivar os topónimos Seide, Seides, Saido e Saides presentes na toponimia galega e portuguesa, de * sagildus ( saildus ), nome de orixe xermánico composto polo gót. * sag - ‘compañeiro’ e - gildus , terminación gót. de * geldaz , derivado de * geldan ‘valer’ que daría no medieval Saildiz (Boullón, 1999: 402). Saídes é pronunciado entre a xente de Comesaña sen artigo aínda que, ao falar do monte próximo, si o empregan: O Monte das Saídes . «un ferrado y quarta (...) secano al sitio de Xaides » (1752, CME, Leigos, f. 425r) «Blas de Comesaña trae un campo de Sayde» (AHMV, Relazion, 1643, f. 3v) «campo de Saíde que lleba doze ferrados de pan en senbradura que demarca con jarja de Saíde Tallarín que lleba Pedro de Comesaña de Matamá» (AHMV, Morgado de Pazos, 1643, f. 1v) San Antonio, O O San Antonio é un campo do barrio dos Cocheiros propiedade da familia dos Purgatorio. O nome persoal Antón provén do latín A ntonii , xenitivo de A ntonius . Santo Antón é un santo honrado dende antigo e identificado por algunhas persoas como o santo de Padua e por outras como un eremita exipcio. Conta cunha imaxe no templo parroquial. Na vila de Baiona, Santo Antón era o patrón do gremio dos zapateiros, e mesmo contaba cunha capeliña propia no barrio do seu nome.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==