Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

129 T o p ó n i m o s «Simón Fernández paga una misa por el campo del Romeo » (1799- 1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 12) Roupeiro, O A casa do Jachía en Rial está no propio lugar de O Roupeiro , nome que tamén comparten as terras da súa contorna. O topónimo O Roupeiro, presente tamén na veciña parroquia de Matamá así como noutros lugares de Galicia, provén do nome rauparius . De orixe xermánica, este nome medieval está composto pola mesma forma que deu lugar a roupa , máis -arius , do gótico harjis ‘exército’ que confluíu co latín - arius . «... las dichas treynta y dos cabaduras las hubo y compró dicho Abad a Jazinto do Roupeyro » (1661, AHD, Convento de dominicas da Anunciada de Baiona, 16, carpeta 2, f. 2v) «un ferrado (...) secano al sitio de Roupeiro de Auajo » (1752, CME, Leigos, f. 502v) «cobré de José de Comesaña y consorte por el campo del Roupeiro y otros 104 reales» (1847, AHD, Libro de Colecturía, f. 50) Rozadiña, A De rozar, do latín vulgar * ruptiare ‘britar’ ou do clásico rumpere ‘romper’. Emprégase hoxe en día rozar para referirse á ‘corta de toxos, silvas, mato’. Rozar era gañarlle terreo ao monte e facer as súas terras estériles cultivables. As Rozadas , aínda non séndoo en orixe, acabarían sendo leiras ‘libres de maleza’. «un ferrado de monte (...) al sitio da Rosadiña » (1752, CME, Leigos, f. 769r)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==