Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 128 Nun caso moi parecido ao do Raposo, temos A Roliña. Aínda que de primeiras pensemos nun diminutivo de rola , ave pertencente á familia das pombas de cabeza gris e cunha liña branca ou negra no pescozo, por rola tamén entenden noutros lugares de Galicia unha ‘pequena división de terra sementada de diferente cultivo que o resto da leira, encadrada por regos feitos co arado’ que servían para deter a auga da chuvia (Dicionario de dicionarios) . É difícil precisar a orixe do topónimo desta tomada que media entre dúas correntes de auga como o rego dos Talliños e A Regueira. Sabemos que o alcume As Rolas (alcume familiar en Baiona) está presente tamén noutros lugares. Acaso A Roliña de Comesaña fose unha [tomada da] Roliña, antigo alcume perdido na parroquia. Romeu, O Barrio da parroquia situado máis ao noroeste na estrema con Coruxo. Romeu é como se lle chama na zona ao Rosmarinus officinalis , arbusto aromático que provén do latín ros marinus . A presenza no lugar dun ou varios arbustos desta especie motivou quizais o nome de todo este barrio. O romeu é unha das plantas usadas para realizar a famosa auga do San Xoán que todas as casas facían na véspera da festividade do santo e que se tiña que deixar á intemperie para coller o rocío desta noite máxica. O Romeu de Comesaña foi interpretado tamén como recordo dun peregrino, ao vincularse coa imaxe dun San Romeu venerado na ermida de San Xoán que existiu en Coruxo. O seu vicario, segundo a información recollida nun expediente custodiado no Arquivo Histórico Diocesano de Tui, informou de que os vellos de Coruxo «dizen de oidas que heste Santo Romeu benia de Santiago en romería e se murió en la dicha feligresía no lugar que llaman Romeu e que a ese tiempo se abian tocado campanas de la dicha felegresia sin mobimiento de persona e lo habian sepultado en la dicha ermita en medio della de donde al presente se saca debaxo de la sepultura tierra para los enfermos de tercianas e probechan muchas personas». 17 17 Iglesias Almeida, E. (1992): Caminos portugueses a Santiago en la diócesis de Tuy-Vigo. Vigo, p. 8.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==