Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

11 A x e o g r a f í a d a p a r r o q u i a A xeografía da parroquia 2 Comesaña (Santo André) é unha das dezaoito parroquias que conforman na actualidade o concello de Vigo aínda que, historicamente, dependeu da xurisdición da vila de Bouzas ata a súa disolución no ano 1904. Pertence no relixioso ao arciprestado de Vigo, diocese de Tui- Vigo e, xunto ao resto de parroquias de Fragoso, reuníanse «a campana tañida según costumbre en ayuntamiento en el Atrio de Freixeiro, cabeza de partido del Valle de Fragoso». Segundo o padrón municipal, conta con 5925 habitantes. Estrema polo leste coa parroquia de Matamá, polo oeste con Coruxo e San Paio de Navia, polo norte con Alcabre e Coia e polo sur con Valadares no barrio de Freixo. Situada na aba sueste de Fragoso, o Catastro de Ensenada describíaa deste xeito en 1754: ...comprende de levante a poniente un tercio de legua, de norte a sur media y de circunferencia legua y quarto. Linda a levante con la feligresía de San Pedro de Matamá, poniente con la de San Salvador de Coruxo y San Paio de Navia, norte con la de San Martín de Coya y Santa Eulalia de Alcabre, sur con el coto de San Andrés de Valladares. No que respecta á súa delimitación, é moi semellante á actual: … principiando su demarcación ala parte del Levante en el marco que nombran Piedra furada , partiendo con dicha feligresía de Matamá sigue al do outeiro da Forca , y de este al que nombran de Gonzalo , desde el qual dividiendo ala feligresía de Coya pasa al que nominan de Valaído y al de fornos de el que confinando con la misma feligresía va a dar al de Pelaio , de

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==