Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

127 T o p ó n i m o s Río Verde, O O Río Verde é o nome do río ao seu paso polo barrio do Pazo, preto da Insuíña. As algas e o verdello do fondo do río do Pazo deberon motivar este nome que se lle dá pouco antes da súa desembocadura no Lagares. Rodeira, A É un barrio de Comesaña. Derivado de roda, rodeira (do latín rotariam ) ten o significado de ‘pegada que deixa unha roda no chan’ e de ‘camiño estreito’ (Dicionario da Real Academia Galega) . En toda Galicia hai diferentes lugares, parroquias ou incluso un concello en Pontevedra que leva o topónimo Rodeiro , porén, a única entidade de poboación que leva esta variante feminina, en singular, é a de Comesaña. En plural, ten a parroquia de Dorrón (Sanxenxo) un Rodeiras . É posible que se trate dun topónimo viario a xulgar polo cruzamento de distintos camiños polo lugar con rilleiras de carros marcadas na pedra, especialmente visibles aínda no camiño da Gatallada. Isto lévanos a dubidar da posibilidade de aplicarlle a Comesaña a hipótese que fala de rodeira como topónimo referido a un terreo de forma circular. «una quarta de deseesa (...) al sitio de Rodeira de afuera » (1752, CME, Leigos, f. 440v) «un ferrado (...) secano al sitio de Rodeira de arriua » (1752, CME, Leigos, f. 442v) «la heredad y leyra de Rodeyra » (AHMV, Memorial, 1772, f. 5r) Roliña, A A Roliña é o nome dunha tomada que hai entre A Cavada Nova e A Revolta, por debaixo da canteira do Jacinto.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==