Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 126 Entre as distintas pronunciacións deste topónimo óese a algúns veciños e veciñas falar do Río de Regonzas , nome composto dos mesmos elementos ca Río de Gonzas , pero alterado ao se unir os dous termos, algo moi común ao quedar o substantivo río en posición átona. A atestación presentada do Catastro de Ensenada como Gonzalbrez fai pensar que neste caso G onza non se tratase do nome altomedieval (de raíz xermánica gunt -, gund -), senón dunha forma hipocorística medieval de G onçalo (de idéntica raíz) mentres que o segundo elemento, Gonzalbrez, só pode provir do patronímico Álvarez. Outórgalle isto unha datación posterior ao ano 1000. O verosímil é que primeiro fose Gonzalv(a)rez , despois Gonza e finalmente Gonzas . Esta pluralización, resultado evolutivo do nome citado, é posible que se referise orixinariamente a terras que bañase este río e que se chamaban así por ser aquel o seu propietario. Acontence algo moi semellante entre Beade e Bembrive co río Eifonso, que pasou a ter o topónimo das terras que molla. «Don Pedro Jacinto Cadaval de San Félix de Nigrán (...) cinco ferrados (...) secano al sitio de río de Gonzalbrez » (1752, CME, Leigos, f. 729r) No libro 3º da colexiata de Baiona aparece en documentos de Comesaña no século  xvii un Gonçalo Alvarez Ferragudo:

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==