Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
125 T o p ó n i m o s Río de Barcos, O Terreos situados debaixo do cemiterio parroquial contra o río Sárdoma (Lagares), onde hoxe está unha empresa areeira e de formigón. Sabemos que o río Sárdoma era navegable con pequenas bacías e gamelas que entraban pola Foz, na súa desembocadura xa en Samil, e viñan río arriba para extraer area do seu fondo por estas alturas, pero non cremos que puidesen navegar por el barcos de gran calado. Barco é palabra de orixe prerromana que designa unha concavidade no terreo. É habitual que un mesmo termo prerromano designe recipientes, embarcacións ou depresións no terreo como a destas terras ribeiregas en pendente cara ao río. Apoiaría esta idea o nome das terras lindeiras: O Requeixo . «un sexto de ferrado (...) al sitio de río de Barcos » (1752, CME, Leigos, f. 463r) «medio ferrado (...) al sitio de Río de Barcos » (1752, CME, Leigos, f. 532r) «María Jazinta de Eymon y consortes tiene la obligación de pagar anualmente dos misas resadas (...) impuestas sobre el campo de río de barcas » (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 10) «la heredad de Río de Barcos » (AHMV, Memorial, 1772, f. 5r) «Matheo Alonso fundó dos misas anuales rezadas sobre el campo río de Barcos » (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 26v) «el terreno a labradío en el sitio nombrado río de Barcos » (1839, AHMV, Subasta de bens secuestrados aos prófugos do distrito, BOU/24, f. 2v) Río de Gonzas Caudal de auga que provén do barrio de Sanín e ao que achegan auga diversas regueiras dende A Rodeira, A Pedra Branca e Casás.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==