Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 124 alteración na fala e na documentación en O Real . É evidencia clara que o orixinal nome deste barrio levaba artigo masculino: O Rial . «una quarta de ferrado (...) secano al sitio de Real do Mato » (1752, CME, Leigos, f. 420v) «Juan Vieitez (...) casa terreña al lugar de Rial » (1752, CME, Leigos, f. 457r) «un ferrado (...) secano al sitio de Campo de Rial » (1752, CME, Leigos, f. 457v) «un dozauo de cauadura de parra (...) al sitio de Real Pequeno » (1752, CME, Leigos, f. 474v) «medio ferrado (...) secano al sitio de Lajes de Rial » (1752, CME, Leigos, f. 502r) «los herederos de Andrea Carballal tienen la obligación de pagar anualmente la limosna de una misa impuesta sobre el lugar del Rial » (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 12) «Matheo Alonso fundó una misa anual rezada (...) sobre el cocho de Rial » (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 26v) «dos pedazos de tierra a labradío al sitio de Rial » (AHMV, Memorial, 1772, f. 5v) Río da Táboa, O; Río de Rial, O; Río de Sanín, O; Río do Pazo, O Do latín rivus ‘rego, canle’, o substantivo río úsase para falar, fronte a rego , dun ‘curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago ou noutro río’ (Dicionario da Real Academia Galega) . Río aparece normalmente determinado por un adxectivo cualificativo, encargado de destacar unha das súas propiedades individuais, ou por un elemento preposicional responsable de engadir unha información locativa. Non é raro atopar o xenérico río como nome de lugar ou barrio tal como acontece na veciña parroquia de Coruxo. «un octauo de ferrado (...) regadío al sitio de Río de Sanín » (1752, CME, Leigos, f. 603v)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==