Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

123 T o p ó n i m o s Revolta, A Tomadas situadas ao pé do camiño que parte dende a Aguieira cara a Fragoselo. O substantivo revolta pode contar con dúas orixes e significados distintos. Por unha banda, pode referirse a un sinónimo de volta co prefixo re- que constitúe un topónimo viario refirido a unha curva máis ou menos pronunciada dun camiño. Por outra banda, como nalgunhas áreas de Galicia, equivale a unha ‘parcela cultivable’, especialmente no monte, onde é frecuente a resteba, e incluso chégase a falar de trigo ou millo «de revolta». En orixe, foron terras de labor gañadas ao monte cultivadas ininterrompidamente sen deixalas descansar. «un ferrado de deesa (...) al sitio da Rebolta » (1752, CME, Leigos, f. 464v) «medio ferrado (...) regadío al sitio de Reboltiña do Freijo » (1752, CME, Leigos, f. 776v) Rial; Rial de Mato, O; Rial Pequeno, O O barrio de Rial estrema xa coa parroquia de Coruxo e conserva nomes como O Rial de Mato ou O Rial Pequeno que, fronte ao topónimo do barrio, si conservan o artigo inicial masculino. O Rial Pequeno era un campiño que traballaba a familia do Rodríguez ao lado da casa do Valente e da Cuxita. Rial significa ‘terra que está á beira do río’, do sintagma adxectival latino ( locus ) rivalem ‘sitio que está xunto ao río’ (Sestay, 2010: 159). Emparentado dende logo con río, para outros autores relaciónase co latín rigare . É estraño como todos os e as informantes da parroquia suprimen o artigo masculino á hora de citar o nome deste barrio, dicindo que viven en «Rial» e non «no Rial», como debería ser. Non obstante, é curioso como á hora de diferenciar terras dentro deste barrio ben polo seu tamaño, O Rial Pequeno , ben pola vexetación que as ocupa, O Rial de Mato , si lles poñen o artigo masculino. Constatamos tamén a súa

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==