Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 122 «Juan de Comesaña de Casás paga un real por la leira do reguengo » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 11) «un ferrado y medio (...) secano al sitio de Reguengo » (1752, CME, Leigos, f. 708v) «un ferrado (...) secano al sitio do Reguengo » (1752, CME, Leigos, f. 647v) Requeixo, O Terras en pendente cara ao río Sárdoma, baixo o cemiterio parroquial. É aplicable aquí a súa significación topográfica de ‘terreos que rematan en costa ou baixada para entrar nunha chan’ (Dicionario de dicionarios) ou ‘terreos abrigados no fondo dun val’. Sen dúbida é un topónimo presente nos pés das pendentes e non na pendente propia. «medio ferrado (...) secano al sitio de Requeijo » (1752, CME, Leigos, f. 451r) «un dozauo de ferrado (...) secano al sitio de Requeijo » (1752, CME, Leigos, f. 472r) Resteba, A Subindo cara a Coruxo, polo camiño do Gato que parte dende O Femio, as tomadas que imos deixando á nosa esquerda son A Resteba . Frei Martín Sarmiento dicía no século xviii que a resteba era a segunda sementeira que «en Pontevedra, después de haber cogido el trigo o centeno, se ara y se siembra o maíz o mijo menudo o panizo u otro fruto en la misma tierra». É o que se chama tamén por terras de Miñor o millo de restrolleira , o que se sementaba en maio logo de cortado o cereal ou sacadas as patacas, o millo serodio . A Resteba é, pois, un terreo arado de segunda vez.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==