Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

121 T o p ó n i m o s Regueiro de Cartas, O; Regueiro, O Un dos lugares do barrio da Ponte é O Regueiro , lugar en que se facían as antigas gasosas Paxariños. O Regueiro de Cartas é o nome do regueiro que logo conforma máis abaixo O Rego Loureiro e que nace en Freixo. Úsase regueiro como variante de rego igual que podería facelo a palabra sangra , tamén frecuente na toponimia desta zona pero para canles artificiais. O Regueiro das Cartas , xa documentado en 1753 no Catastro de Ensenada, é posible que se referise ás cartas (cuartas) de terra que corta coa súa canle. É cando menos un topónimo interesante se imaxinamos, como moita xente conta, que aquí foi onde uns paisanos xogaron ás cartas e, xa chegando a Coruxo, pararon e contaron chistes, de aí a orixe do nome doutro regueiro nomeado O Regueiro dos Chistes , xa presente tamén no Castastro de Ensenada. «el cocho o campo do Regueyro» (AHMV, Memorial, 1772, f. 7r) «Gonzalo de Comesaña, el mozo, trae el campo do Regueyro» (AHMV, Relazion, 1643, f. 3v) No Regueiro da Ponte é posible que se perdese o topónimo O Regueiro dos Probizos . «Juan de Comesaña, Vicente y Rodrigo da Ponte por vna viña que dizen do rigueyro dos prouisos » (AHMV, Relazion, 1643, f. 4v) Reguengo, O Reciben o nome de O Reguengo as terras que están á beira do río de Rial, antes de este se atopar co río de Gonzas e se xuntar nas Gaiosas, debaixo da ponte da circunvalación ao seu paso por Comesaña. Deberon ser noutros tempos ‘terras de xurisdición real, propiedade da coroa, do rei’, do mesmo xeito que o eran as devesas reais.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==