Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 120 «tres quartas de ferrado (...) secano al sitio de Redondo » (1752, CME, Leigos, f. 478r) Rego das Barxas, O; Rego Loureiro, O; Rego, O O Rego é unha das canalizacións que dende A Gandra servía para regar as terras da pendente de Casás; se non fose así, serían de secaño. O Rego das Barxas partía do Peirao que se facía preto do muíño do Pontillón, onde se partía a auga cun atol cara ás Barxas. O Rego Loureiro é a corrente pequena de auga que, logo de xuntarse con bastantes mananciais, forma o río do Croque debaixo da Aguieira. Un rego é, na fala local, tanto un curso de auga pouco abundante e non permanente coma unha condución artificial da auga que os labradores facían para conducila ás terras de regadío. Entre as abundantes arterias de regadío, había un rego que, dende a Gandra de Casás, levaba auga ás terras dos Eidos Vellos ou outro que dende O Pontillón ía cara ás Barxas co mesmo fin. O Rego Loureiro é o nome dun regueiro que baixa dende o barrio de Freixo e quizais debeu ter ao longo do seu percorrido un loureiro que o caracterizou, de aí que orixinariamente fose O Rego do Loureiro ata evolucionar e dar a forma que hoxe pronunciamos. «medio ferrado de monte (...) al sitio de Regoloureiro » (1752, CME, Leigos, f. 710v) «dos ferrados de monte (...) al sitio de Rego Loureiro » (1752, CME, Leigos, f. 504v) Regueira, A A Regueira é o nome dun dos lugares do barrio de Casás case na estrema xa con Coruxo. Sinónimo de regueiro é a súa voz feminina regueira para referirse a un lugar por onde corre unha canle de auga (Dicionario de dicionarios).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==