Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

119 T o p ó n i m o s «quatro ferrados de monte (...) al sitio de Raposo » (1752, CME, Leigos, f. 447v) «terreno a pasto y peñascal Raposo de 500 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Antonio Comesaña Vila, f. 2) Redondos; Redondos do García; Redondos dos Alambres Terreos entre o barrio de Rial e a estrema con Coruxo no camiño de Viñó, por debaixo da nave onde se gardan os camións da recollida do lixo do Concello. Un redondo é un ‘terreo adevesado que non é común’, acepción á que Elixio Rivas lle engade a de ‘terreo delimitado’ (Dicionario de dicionarios) . Redondo quizais se refira na toponimia á forma do terreo, á súa condición de cercado e de valado, ou mesmo ao xeito de aralo. Así, Redondos dos Alambres tamén se refire probablemente ao material co que esta zona estaba cercada. Os Redondos do García ou do Jachía foron propiedade deste veciño apelidado García (véxase no apartado de alcumes O Jachía ). Este apelido patronímico correspondente co nome persoal masculino García, moi común na Idade Media, é o máis frecuente en España e co posto cuarto en Galicia. Pero Redondos puido tratarse de propiedades dunha familia apelidada Redondo (126 en Vigo) a xulgar pola documentación catedralicia de Tui do século xvi onde aparecen Juan Alonso de Redondo e seu fillo Gonzalo Alonso como veciños de Coruxo. 16 «Juan Alonso de Redondo y aora por el María Estéues y Gonsalo Alonso...» 16 Archivo Histórico Nacional, Clero-Secular_Regular, L. 10375. Nombramientos de oficios, juras de obispos y otros documentos.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==