Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 118 «terreno a labradío y viña Ravisacal de 373 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, f. 15) Rapadouro, O Coa terminación -douro propia do galego suroccidental e do portugués, o Nomenclátor de Galicia recolle co topónimo O Rapadouro dúas entidades de poboación, unha en Mañufe (Gondomar) e outra en Paramos (Tui). Formado a partir de rapar co sufixo -ouro (do latín- oriu ), un rapadouro , alén de ser o ‘lugar onde se rapa’, tense vinculado co monte baixo poboado de xesta, carrasca ou toxo aproveitado para estrar as cortes (Navaza, 2011: 180). A variante feminina recollémola na parroquia de Baíña (Baiona): A Rapadoura. «medio ferrado (...) secano al sitio do Rapadouro » (1752, CME, Leigos, f. 420v) «la heredad do Rapadouro » (AHMV, Memorial, 1772, f. 6v) Raposo, O O Raposo é o nome das tomadas que hai por riba do barrio de Sanín e que estreman case coa autovía da circunvalación. O raposo, animal temido polos nosos paisanos e paisanas debido aos seus ataques nocturnos nos galiñeiros, é posible que lle dese nome a esta parte do monte de Sanín, aínda que penso que debe referirse máis ao apelido do seu antigo propietario. Sería, polo tanto, un nome evolucionado de a (tomada) do Raposo e que acabou por converterse na simple referencia ao animal hoxe conservada. «quatro ferrados de monte (...) al sitio de Raposo » (1752, CME, Leigos, f. 487v)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==