Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

117 T o p ó n i m o s para referirse a esta froita. Nalgunhas zonas de Galicia aínda hoxe se emprega o termo pumar para falar dunha horta con árbores froiteiras. «una quarta de ferrado (...) secano al sitio de Pumariños » (1752, CME, Leigos, f. 429r) Rabisacal, O A chá sen urbanizar que se atopa á entrada do polígono do Caramuxo e no inicio da avenida de Ricardo Mella chámase O Rabisacal . O que hoxe en día se coñece máis por garduña ou martaraña debeu recibir tamén noutros tempos o nome de rabisaco . Este animal da familia dos mustélidos (Martes foina) , ‘de pelo castaño cunha mancha branca fendida ao medio na papada, corpo alongado, orellas redondas e pequenas, patas curtas e rabo longo, que se alimenta de roedores e de crías doutros animais que caza pola noite’ (Dicionario da Real Academia Galega) , debeu ter tobais nestas terras próximas ao Lagares como evidencia o topónimo abundancial do Rabisacal. O termo rabisaco emprégase tamén na zona para referirse a unha crianza que non está parada un momento e é moi inquieta. «Gregorio Pérez de Sárdoma trae un cocho que llaman do Riuasacal junto a casa da veyga» (AHMV, Relazion, 1643, f. 2v) «heredad de Rabisacal de cinco ferrados de pan en senbradura y parte con la congostra que ba para las Ufas» (AHMV, Morgado de Pazos, 1643, f. 1v) «otros tres reales y diez maravedís que pagan Francisca Lorenzo y Dominga Comesaña de Bouzas por el campo do ravisacal » (1697- 1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 60v) «más treinta y seis maravedís que anualmente pagan Francisca Lorenzo vezina de Santo Thome y Dominga de Comesaña de la villa de Bouzas por mitad del campo de rivasacal » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 53) «un tercio de ferrado (...) secano al sitio de Ravisa cal » (1752, CME, Leigos, f. 551r) «dos tercias de ferrado (...) secano al sitio de Ravisacal » (1752, CME, Leigos, f. 449v)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==