Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 116 carácter máis temporal, se facían con pequenas pedras e terróns, os chamados peiraos ou peirados . Os peirados ou peiraos non eran usados tanto para encorar a auga coma para desviala dun río ou mesmo para poñer sobre as paredes da presa e desviar a auga cara a canles nun nivel superior. Os nomes onde aparece presa ou peirao refírense na súa maioría ao lugar onde se localizan: A Presa (por antonomasia a do barrio de Sanín), a Presa da Aguieira (Casás), a Presa da Fonte da Cal (Rial), a Presa da Laxe (Casás), a Presa das Fontes (Comesaña), a Presa das Torres (A Rodeira), a Presa de Baños (Casás), a Presa de Talliños (Casás), a Presa do Chosco (O Tombo), O Peirao da Ponte (Muíños), O Peirao da Xunqueira (Muíños), O Peirao do Anguieiro (A Ponte) e O Peirao do Pontillón (Rial). Estando relacionada coa infraestrutura da presa, non é de máis falar das toles ou atoles ; é dicir, dos lugares en que a auga se repartía normalmente cara a dous regos. O Padre Sarmiento xa falaba desta palabra no século xviii : «En Tuy se llama tol y una tol aquella presa de agua que sirve para regar los maizales u otros sembrados (...). En Pontevedra se llama tola a aquella presa menor de agua. En lo restante de Galicia se llama levada de agua». «un quarto de ferrado (...) secano al sitio das Presas » (1752, CME, Leigos, f. 463r) «una quarta de ferrado (...) secano al sitio da Presa » (1752, CME, Leigos, f. 609r) Pumariños, Os Terras ocupadas polo complexo industrial das Pereiras. Diminutivo de pumar , procedente do latín pomale , designa tanto unha ‘maceira’ coma un ‘lugar poboado de maceiras ou de árbores frutais’ (Dicionario de dicionarios) . A mazá en latín chamábase pomum , pero esta denominación tamén servía para falar da noz ou dun figo; por iso, para distinguir entre eles, acabou por escollerse o termo malum
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==