Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 114 «quatro ferrados (...) al sitio de Pozo Caualo » (1752, CME, Leigos, f. 552r) «cinco ferrados (...) secano al sitio de Pozo Cavalo » (1752, CME, Leigos, f. 561r) «Amaro do Barreyro y Pedro Rodríguez de Alcabre traen el cocho de Pozo Caualo» (AHMV, Relazion, 1643, f. 4r) «Pedro Afonso de Sobreyra trae el campo do Pozo Caualo que parte con campo da Ufa » (AHMV, Relazion, 1643, f. 4r) «más el tojal do Pozo Cabalo que está ahora labrado» (AHMV, Morgado de Pazos, 1643, f. 2r) Pozo de Poldres, O O Pozo de Poldres é lugar profundo no río Sárdoma que, polo seu modificador, é posible que estivese preto dunha das moitas poldras que se facían no río para o cruzar. Poldres provén dun poldras orixinal en que o - a- átono se altera nun -e- e acontece igual ca no topónimo Saídes, probablemente de Saídas. Pozo, O Estancamento da auga que producía O Peirao do Anguieiro no río Sárdoma ao pé da ponte do Lagares. Era un dos lugares preferidos dos nenos e nenas que ían á escola situada no barrio da Ponte para se bañar no verán. Pozo de Severino, O; Pozo dos Cataplíns, O O pozo é unha construción destinada a obter auga para o consumo humano e tamén para a rega. Fronte ás minas, os pozos tenden a ser xeralmente de propiedade particular. Do latín puteum , o substantivo pozo atopámolo en Comesaña xunto a topónimos modificados polo alcume do seu propietario ou propietaria: O Pozo dos Cataplíns (hoxe desaparecido xunto coa casa dos

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==