Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

113 T o p ó n i m o s Os dicionarios din que un poulo é unha ‘terra que se deixa en descanso, sen cultivar’ (Dicionario de dicionarios) , que é exactamente a acepción da palabra en Comesaña. As denominacións comúns poulo ou poula úsanse na zona para referirse a terreos que, por non traballalos, unicamente poden ser aproveitados como pasto. Deixar un campo a poulo é deixalo sen traballar, baldío ou a monte. Tal denominación provén do latín pabulum . Poza das Rans, A A Poza das Rans era un pequeno fochaco que se enchía normalmente de auga ao lado da casa do Pintos, no lugar coñecido como A de Mallo. Nome formado a partir do masculino pozo . A poza é un ‘pequeno depósito de auga que se forma nas fochas do terreo cando chove ao quedar detida e empozada no lugar’. A Poza das Rans formábase, máis ca pola chuvia, polas augas procedentes da mina de auga existente na zona, a mina do Cancelo. Na súa auga había ras, de aí que a xente máis nova da parroquia se dedicase a ir a este lugar a cazar nelas. Son coñecidos por todos e todas as trasnadas que as crianzas lles facían a estes anfibios: inchábanos cunha unha palliña que lles metían polo cu e pola cal sopraban, facelos fumar pallas (follato e barbela do millo), cigarros... Pozo Cabalo, O Aparece documentado xa dende o século xviii como O Pozo Cabalo e como O Pozo do Cabalo . É posible que se referise orixinariamente, como moitas persoas din, a un pozo onde caese un cabalo e morrese, como se conta para un topónimo semellante na parroquia de Couso en Gondomar, ou mesmo ao alcume do seu propietario. «un ferrado y medio (...) secano al sitio de Pozo Caualo » (1752, CME, Leigos, f. 539r)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==