Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 112 «vn pedazo de viña al sitio de Puente de Sárdoma» (AHMV, Memorial, 1772, f. 6v) «Joseph Antonio Alonso (...) casa terreña al sitio da Ponte de Auajo » (1752, CME, Leigos, f. 437r) «Jacinto Alonso (...) casa terreña al lugar da Ponte » (1752, CME, Leigos, f. 449r) «Juan González (...) casa terreña al lugar da Ponte » (1752, CME, Leigos, f. 508r) «un ferrado (...) secano al sitio da Ponte » (1752, CME, Leigos, f. 556v) «María Fernández (...) casa terreña al lugar da Ponte » (1752, CME, Leigos, f. 595r) «María Riveiro (...) casa terreña al sitio da Ponte » (1752, CME, Leigos, f. 613r) «María da Cruz (...) casa terreña al lugar da Ponte » (1752, CME, Leigos, f. 636r) Pontillón, O Ponte que unía o barrio de Rial coas terras situadas á outra beira do río de Rial: O Couso, As Gordoias, O Sandrigo, A Seca, e como non, a única casa existente na zona, a casa do Jachías. Un pontellón é unha pequena ponte, palabra despectiva de pontella. Os pontellóns adoitaban ser pequenas pontes feitas dunha ou de dúas grandes pedras atravesadas dunha marxe a outra dun río para cruzalo. «un ferrado (...) secano al sitio de Puntillón » (1752, CME, Leigos, f. 520v) Poulo, O; Lugar do Poulo, O O Poulo é o nome que se usa tamén para referirse ás Tomadas Vellas, que xa estreman con Freixo por detrás da Aguieira. O Lugar do Poulo hoxe xa non existe como tal pero ocupaba terras do actual PAU de Navia.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==