Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
111 T o p ó n i m o s Pontes Procedente do latín pontem , unha ponte é unha construción ‘de pedra, madeira ou ferro que se fai sobre os ríos, foxos e outros sitios para os poder atravesar’ (Dicionario de dicionarios) . Temos en Comesaña A Ponte , a Ponte da Paravea (O Pazo), a Ponte das Salinas (Muíños-Navia), a Ponte dos Pumariños (O Pazo), a Ponte do Río de Gonzas (Comesaña) e A Ponte Vella (Muíños). Foi a proximidade a unha das pontes sobre o Lagares a que serviu para diferenciar un dos barrios da parroquia como A Ponte por antonomasia. Aparece esta construción documentada repetidamente como A Ponte de Sárdoma, lugar onde o Camiño Real de Vigo a Baiona cruzaba o río. Os arranxos da ponte foron unha constante ao longo do século xviii e xix ao estar construída a base de traveseiros de carballo sobre os que se botaba pedras e terra pisada. Non sería ata o século xx cando se convertese en formigón e asfalto. Tras o roubo dunha das súas trabes en 1851, a Ponte de Sárdoma é sometida a un arranxo en 1852 por «hallarse inútiles todas las maderas». Para tal fin solicitáronse «cuatro robles de la dehesa nacional de Bouzas y Coya» que, en abril de 1852, José Francisco Comesaña lle solicita ao gobernador de Pontevedra aumentar a doce carballos e seis piñeiros. A intervención formaba parte da posta a punto do camiño que, conducindo a Coruxo, empalmaría co que ía a Baiona no Romeu. Nela incluíase a mellora de capacidade da Ponte das Salinas, «a fin de facilitar el tránsito de carruages», evitando así o seu mal estado que só permitía o tránsito de pés. 15 «... la viña que se dize da Ponte con su casa, herrería y lagar de piedra» (1661, Convento de dominicas da Anunciada de Baiona, AHD, 16, carp. 2, f. 1v) «... funda un censo sobre treynta y dos cavaduras de viña poco más o menos que ha y tiene (...) a donde dizen la Puente de Sárdoma que alinda con la estrada Real que biene de dha Villa de Bouzas y pasa para la dha villa de Vayona» (1661, Convento de dominicas da Anunciada de Baiona, AHD, carp. 2, f. 2) 15 Arquivo Histórico Municipal de Vigo (AHMV), BOU/1 e BOU/23. 1852, abril, 14. Bouzas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==