Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 110 Procede do latín puteum ‘pozo ou fochanca’. Os nomes recollidos refírense tanto á ‘escavación fonda e estreita que se fai no chan para atopar auga e que serve tamén de depósito para a mesma’, a maioría de carácter particular, coma aos sitios profundos no río (Dicionario de dicionarios) . Co sufixo -iño , o presente topónimo é forma diminutiva. «dos ferrados (...) secano al sitio de Poçiño » (1752, CME, Leigos, f. 734v) Poldres Poldres é o nome das terras que había da outra parte do Lagares fronte ás Ceñas, hoxe desaparecidas pola construción da Zona Franca. Denominábanse poldras (do latín pullitras , feminino plural de pullitru ‘poldro’) as pedras que tiradas separadas no leito dun río servían para cruzalo dando saltos dunha a outra. Debeu ser a existencia neste lugar do Lagares dun paso destas características o que deu lugar á aparición deste Poldres, evolución dun orixinal Poldras. Pombal, O Ben patrimonial catologado no barrio do Tombo, único na parroquia. Do latín palumbam , a pomba é unha ave abundante na parroquia. Un pombal ou palomar (castelanismo) é a ‘construción en que se recollen ou crían estas aves’. Non tiven testemuño aquí da súa venda como na parroquia gondomareña de Donas onde algunhas das casas criaban pombas e logo levaban os seus pichóns a vender ao mercado de Bouzas. Igual ca a veciña parroquia de Coruxo, Comesaña conta cun pombal de planta circular feito con muro de cachotaría, dentro do lugar da Chaplota no barrio da Igrexa.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==