Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

109 T o p ó n i m o s millo, ou co dun cano ou picho dunha fonte. Sabemos que no lugar existiu un pequeno manancial de auga pero non contaba con bico ningún para beber, senón que se necesitaba dun augadoiro para poder coller auga na focha. Pinal da Cerca, O; Pinal, O; Pino Manso, O Temos mostra de piñeiros mansos en Casás, á entrada da Pedra Branca e no barrio da Ponte ao pé do lugar da Cova. O Pinal da Cerca é o nome do pequeno eucaliptal que medrou no inicio da rúa do Padre Seixas, antes de chegar ao mal chamado parque da Bouza. O outro lugar con abundantes piñeiros debeu ser O Pinal da Pedreira , situado detrás do lugar da Carballa. Son estes topónimos relativamente recentes. Pinal é o derivado colectivo de pino (do latín pinu ), nome castelán da árbore chamada en galego piñeiro . Foi o piñeiro unha árbore que se comezou a expandir por Galicia no século xviii , sobre todo a especie chamada piñeiro bravo ou do país . Outra especie distinta tamén presente na toponimia de Comesaña é a do pino manso (Pinus pinea) , que pola súa escaseza comezou a usarse para referirse aos lugares en que había un exemplar. Os piñeirais de Comesaña, Matamá, Oia e Saiáns parece precisaban, segundo a carta remitida ao enxeñeiro de montes provincial, «de limpia de maleza y ramage para la progresión de su arbolado», en 1860. Deste xeito lográbase «que los pinos puedan nutrirse y engordar» á vez que reducían os furtos, limpaban o «abrigo» dos animais daniños e evitaban «ser las malezas, en el verano, elemento para un incendio». 14 Pociño, O Terras de gran humidade á beira do Lagares no linde entre os barrios do Pazo e Muíños. 14 Arquivo Histórico Municipal de Vigo (AHMV), BOU/24, Patrimonio, montes. 1860, decembro, 21. Bouzas.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==