Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 108 pedra, porque algúns dos topónimos Pereira son resultado dun antigo petraria ‘pedreira’, logo de perder o - d - . É aplicable tamén isto ao masculino Pereiro , de pirarium ou petrarium , así como ao diminutivo de pereira A Pereiriña . «dos reales y catorce maravedís que pagan Blas Pérez y consortes por el cocho do Pereiro » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 52v) «María de la Yglesia de Coruxo (...) casa terreña al sitio de Pereiras » (1752, CME, Leigos, f. 683r) «tres quartas de ferrado (...) secano al sitio de Pereiriña » (1752, CME, Leigos, f. 517r) «Antonio de Comesaña y consortes tienen la obligación de pagar anualmente la limosna de una misa resada que la fundó Domingo Pérez sobre la viña das Pereyras » (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 11v) «dos pedazos de tierra y heredad en el sitio da Pereyriña » (AHMV, Memorial, 1772, f. 5r) Pérez, A de Xunto a unha Gaiosa, aparece en Sanín A de Pérez . Estas terras teñen como denominación un apelido que seguramente pertence ao seu antigo propietario. Pérez é un apelido patronímico correspondente ao nome de Pero (Pedro) e en orixe significou ‘fillo/a de Pedro’. É un dos apelidos máis comúns en Galicia. Pichorro, O O Pichorro é o nome das terras situadas por riba dos campos da Gatallada. Segundo algúns dicionarios, un pichorro é unha ‘espiga de millo recentemente formada’ (Dicionario de dicionarios) , aínda sen cumprir e con leite. Descoñecemos se a orixe deste nome se pode relacionar con este significado e refírese, polo tanto, a campos onde se cultivaba
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==