Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
107 T o p ó n i m o s O topónimo O Pelargueiro , documentado no século xviii como Peralgueiro , podería tratarse dun nome propio. Entendemos Pero como nome medieval variante de Pedro, do cal sae o apelido patronímico Pérez . E Algueiro como sobrenome ou apelido cun uso antroponímico, xa que o Padre Sarmiento o recollía como sinónimo de embuste ou mentira (Dicionario de dicionarios). «un ferrado (...) secano al sitio de Peralgueiro » (1752, CME, Leigos, f. 416v) «Joseph Fernández (...) casa terreña al lugar de Peralgueiro » (1752, CME, Leigos, f. 433v) «Jacinto Alonso (...) casa terreña al lugar de Peralgueiro » (1752, CME, Leigos, f. 449r) Penedo Furado, O; Penedo, O O Penedo é o bolo granítico que domina as terras do lugar da Pedreira por detrás da casa das Sinxelas, hoxe incrustado no muro dunha vivenda de nova construción. O Penedo Furado está preto do barrio da Fonte Santa, dentro das Tomadas Novas. Entre as persoas nativas da parroquia úsase o substantivo penedo para referirse ás rochas máis redondeadas, mentres que usan outeiro e pedra para as de formas máis accidentadas. O Penedo Furado da Fonte Santa é un penedo cheo de formas de alteración chamadas cacheiras ou cacholas , cavidades producidas pola erosión. Pereiras, As; Pereiriña, A; Pereiro, O As Pereiras é un dos barrios de Comesaña. O Pereiro é o nome dun dos campos que compoñen o Rial de Mato, mentres que en terras da actual Zona Franca estaba A Pereiriña . Son resultados do latín piraria ‘pereira’, árbore froiteira que dá as peras (do latín pira ). A abundancia no barrio homónimo de pereiras bravas debeu ser o motivo do seu nome ou quizais a abundancia de
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==