Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 106 Peixiña, A Tomadas baixo As Andianas, contra o monte, na parte traseira do actual Centro Recreativo Nautilius. Como acontecía co topónimo A Simona, probablemente tamén un adxectivo formado a partir do sobrenome do propietario ou propietaria deu lugar á Peixiña, que a de ser ‘a de’ alguén alcumado Peixiño ou O Peixiño . O mesmo acontece para as terras desaparecidas coa construción da Zona Franca, coñecidas como A Xurela . Para este caso sabemos que a casa matriz da Xurela está no barrio de Rial. «un ferrado de monte (...) al sitio da Fonte Peichiña » (1752, CME, Leigos, f. 459r-459v) «medio ferrado (...) al sitio de Fonte Peichiña » (1752, CME, Leigos, f. 787v) Pelaios, Os Pelaio é nome castelán ou forma castelanizada do nome galego Paio (do latín P elagiu ), moi usado na diocese tudense de onde era orixinario o santo que viviu entre o 911 e 925 e cuxa casa natal estaba, segundo a tradición, na contorna da Ramallosa (Nigrán). De toda a diocese, tan só cinco parroquias o tiñan por patrón, un 1,7 % (González Reboredo, 2012: 68). «un ferrado (...) regadío al sitio de Pelaio » (1752, CME, Leigos, f. 556r) (Silvestre López) «Silvestre López (...) casa terreña al sitio de Pelaio » (1752, CME, Leigos, f. 773r) «otro que llaman da Lagoa de Palayo» (AHMV, Memorial do Morgado de Pazos, 1643, f. 8r) Pelargueiro, O Terras á esquerda do camiño dos Loureiros, fronte á casa do Pelates, no barrio da Igrexa.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==