Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 104 Pedra Encantada, A É un outeiro que domina os terreos situados por riba do Lavadouro da Gandra en Casás, pegado ao lugar da Pachina. A tradición local explica que este outeiro foi chamado A Pedra Encantada por ser un dos únicos afloramentos graníticos da parroquia que foi quen de sobrevivir ao traballo dos canteiros. Moitos deles deixaron os seus guillos alí marcados, pero ningún deles a conseguiu fender. Este fenómeno provocou que se comezase a dicir que a pedra estaba encantada e que era imposible desfacela por culpa do encantamento. Pedra Furada, A Tomadas existentes ao pasar os campos do Femio, no barrio de Rial, xa no camiño que vai para o monte do Gato e as tomadas dos Pozos. Foi a existencia no lugar dunha pedra con cavidades, producidas seguramente pola erosión, a que lles deu nome a estas tomadas que xa lindan con Coruxo. Furada , participio de furar , provén do latín forare ‘perforar’. «terreno a tojar Pedra furada de 82 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Rosa García Alonso, f. 27v) «un ferrado de monte de primera al sitio de Pedra Furada , cerrado» (Libro do Maior Facendado, libro 273, f. 3928, rolo 196 B, AHU) Pedreira, A A Pedreira é o nome dun dos barrios de Comesaña en que aínda se pode ver a abundancia de pedra simplemente con ir pola estrada e ver a profundidade que tivo que ser trazada, desfacendo boa parte dos afloramentos rochosos.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==