Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
103 T o p ó n i m o s a rochas que, polas súas características, pasaron a formar parte dos elementos de orientación e localización usados polas nosas xentes. Os nomes como A Pedra Branca , A Pedra Rubia (Coia) ou As Pedras Negras (Borreiros, Gondomar) refírense á coloración das rochas, á cor dos liques que as cobren ou ao tipo de mineral. Foi quizais a presenza neste lugar da parroquia dunha gran pedra branca, quen sabe se de cuarzo, a que lle deu nome a todo este barrio e ás súas terras. Pedra da Inquisición, A Gran penedo que existiu no lugar do Pazo, ante a Casa da Inquisición, ambos hoxe desaparecidos. Pedra do Sol, A Nome outorgado a un suposto resto arqueolóxico procedente do monte do Castro na Pedra Branca, hoxe en paradoiro descoñecido. Foronmoitas as persoas maiores consultadas que sabían da existencia nomonte doCastro dunha pedra que os vellos e vellas chamaban APedra do Sol . Era ao parecer unha rocha con tres caras ben feitas chamada así porque, vista a calquera hora do día, o sol sempre batía nunha das súas tres caras. Por desgraza hoxe en día non sabemos se a Pedra do Sol era unha ara romana, unha pedra con gravados ou unha simple pedra á que os antigos castrexos rendían culto. O complemento «do Sol» na toponimia moitas veces só significa que o lugar está orientado cara ao leste (ao levante). Desapareceu alá polos anos oitenta, ou quizais uns anos antes, e coméntase o seu traslado polo antigo párroco don Ramón, eclesiástico e amante da historia que levou a moitos dos nenos e nenas da parroquia de excursión ao Castro.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==