Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 102 certa importancia. A orixe do nome deste barrio debemos buscala na existencia no lugar dunha gran casa coñecida popularmente como A Casa da Inquisición ou Pazo da Inquisición . O edificio, do que son escasos os restos conservados, estivo en pé ata non hai moitos anos. É posible que se corresponda coa casa arruinada, lagar e casa terreña da que era propietario en 1752 o maior facendado da parroquia de Comesaña, don Bernardino Pereira e Prego de Montaos, señor de Reboreda. Puxéronlle este nome popular por existir a lenda de que na vivenda padecía crueis castigos quen practicaba a bruxaría e renegaba de Deus. A antigüidade do nome é clara se temos en conta que o Tribunal do Santo Oficio da Inquisición foi instaurado polos Reis Católicos en 1478 e que se mantivo en funcionamento en toda España ata o século xix . Entre as torturas practicadas que algúns veciños ou veciñas escoitaron dos seus maiores, e mesturan coa lenda, atópase a pingueira, método consistente en deixar caer unha pinga de auga sobre a cabeza do reo que lle provocaba a loucura ademais de furarlle o óso do cranio pouco a pouco; así como o poldro. Este último castigo facíase grazas a un potro de madeira onde a vítima era atada de pés e de mans aos extremos e ía sendo estirada lentamente ata provocarlle a dislocación dos ósos. O domingo 24 de xuño de 1900, ás catro da tarde na casa de don Manuel Fernández López, segundo un aviso da comisión organizadora representada por José Ermida, houbo no Pazo «reunión pública de agricultores con objeto de tratar de organizarse al igual de otras parroquias». 13 Este pazo deixou múltiples pegadas na toponimia da zona como vemos nas Tomadas do Pazo, O Pazo de Fóra , o Campo do Pazo , a Fonte do Pazo , o Río do Pazo , O Cristo do Pazo e incluso nas terras do barrio da Ponte chamadas A Cortiña do Pazo . Pedra Branca, A Os nomes expostos a continuación teñen en común a voz procedente do latín petram ‘pedra’, posto que se refiren todos eles 13 Arquivo Histórico Municipal de Vigo (AHMV), BOU/23. 1900, xuño, 23. Bouzas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==