Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

101 T o p ó n i m o s Pardiñeiro da Eira . O substantivo pardiñeiro falaría da existencia no lugar da forma ou cimentación dunha ‘casa vella ou arruinada’ (Dicionario de dicionarios) . A recollida do topónimo Prados nas inmediacións do Pardiño da Eira quizais reforce a nosa primeira proposta. «un octauo de hortaliza (...) al sitio de Pardiño da Eyra » ( 1752, CME, Leigos, f. 477r) «un sexto de cavadura de parra (...) al sitio de Pardiñodeira » ( 1752, CME, Leigos, f. 626r) «Joseph García y consortes tienen la obligación de pagar anualmente la limosna de tres misas rezadas (...) que se hallan impuestas sobre la viña de Pardiñodeyra » (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 10) «María de Comesaña y Ana Alonso fundaron tres misas rezadas (...) sobre el Pardiño da Eyra » (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 26v) Patuxa, A Campos situados por detrás do famoso Pazo da Inquisición, na chan, contra o río Lagares. Patuxa é un derivado de pata ‘perna’, que aplicado a persoas se refire ao xeito de andar. Foi quizais ese o significado que motivou a aparición do alcume A Patuxa . Deberon ser entón estas terras do Pazo propiedade dunha Patuxa que hoxe descoñecemos. Pazo, O Nome dun dos barrios de Comesaña. O antigo Pazo mudou moito dende os últimos anos e perdeu boa parte dos espazos característicos como a Fonte do Pazo ou boa parte das terras que foron ocupadas pola crecente industria. En portugués paço e en catalán palau , o substantivo pazo (do latín palatium ) é unha palabra que designa a casa labrega ou señorial de

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==