Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 100 pastalos na primavera e no estío ao tratarse de terreos por «naturaleza peñascosos y de mala calidad para la producción de pastos y carrasca», igual ca os de Oia, Saiáns, Matamá e Coruxo. 11 En realidade eran 132 as ovellas (sen contar a ocultación) que, segundo a relación feita en xuño de 1843 por José Ramón López, pastaban nos montes de Comesaña, agás unha de José Acuña que tiña «enserrada en el curral» e tres de María Bernarda Álvarez. 12 Paravea, A Campos de labradío hoxe de pasto ás beiras do río do Pazo. Dun xeito moi parecido á Paraguda, A Paravea provén dunha orixinal Pedra da Avea. En 1754 xa aparece coa forma actual como testemuña o Catastro de Ensenada, que confunde en ocasións o topónimo coa Paradea . «cocho o campo da Paravea » (1762, AHMV, Relación de bens que fincaron tras a morte de Gregorio da Igrexa veciño de San Paio, f. 5) «terreno a labradío, viña y frutales con casa ruinosa Paradea o lugar do Pazo de 455 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Juan Comesaña Comesaña, f. 14v) «cocho o campo de Paravea» (AHMV, Memorial, 1772, f. 5r) Pardiñodeira, O O Pardiñodeira é un topónimo de orixe e significado escuro. Dúas hipóteses barrallamos para a súa explicación. Por unha banda, cremos que o nome orixinal podería ser un Pradiño da Eira , onde prado sofre metátase do -r- como acontece co substantivo castro ( crasto ); mentres, por outra, non rexeitamos a abreviación dun 11 Arquivo Histórico Municipal de Vigo (AHMV), BOU/24, Patrimonio, Montes. 1884, abril, 17. Bouzas. 12 Arquivo Histórico Municipal de Vigo, BOU/24. 1843, xuño, 14. Comesaña.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==