Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
99 T o p ó n i m o s al sitio de Papaíña» (1754, Real de leigos, AHP) e que posuía por aquel entón Francisco Costas, veciño de Matamá. O profesor Gonzalo Navaza explica o topónimo As Papoias , recollido en Xinzo de Limia, como un fitotopónimo variante de papoula ou mapoula , flor que Sarmiento describía como «la amapola de los trigos. De papavera» (Vegetables, 539). É probable entón que a nosa papuíña sexa un diminutivo de papoia mediante o sufixo -iña e que se refira á abundancia de papoulas nestes campos. Nalgunhas zonas de Galicia chámanlle tamén papoia á ‘bolboretiña que se forma do verme do millo’ (Dicionario de dicionarios) , así como á xoaniña. «Joseph García (...) casa terreña al sitio de Papaíña » (1752, CME, Leigos, f. 501r) «mitad del oeste de la dehesa Papoíña de 86 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Juan Comesaña López, f. 2) Paraguda, A Monte comunal na Fonte Santa, ocupado en gran parte polo vello vertedoiro do lixo selado. A Paraguda corresponde a un topónimo evoluído dunha orixinal Pedra Aguda. Ata ben entrado o século xviii aparece sempre na documentación como A Pedra Aguda, aínda que isto non quere dicir que a xente o pronunciase así, xa se corrixían ao identificar o orixinal topónimo e o significado dos seus elementos. O paso de pedra a pera e para na oralidade debe ser, segundo nos apunta o profesor Navaza, medieval. O substantivo pedra (do latín petram ) alterouse e deu lugar a topónimos como As Parafigueiras en Baíña (Baiona) ou, sen ir moi lonxe, no propio barrio do Pazo, coa Paravea . «... norte monte de Pedraaguda y sur monte de la feligresía de San Andrés de Valladares» (1752, CME, Leigos, f. 803r-803v) Entre os anos 1884 e 1885, os montes comunais do Castro, Pedra Aguda, Fonte Santa, Cova da Becha e Aguieira pretendéronse repoboar a base de piñeiros, eucaliptos, castiñeiros e maceiras. Defendíase o novo aproveitamento por tan só ser «4 cabezas de ganado lanar» a
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==