Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 98 Palco da Música Vello, O e Novo Palco, O Construcións destinadas a acoller as bandas de música e as orquestras no terreiro da festa. Un palco é unha ‘pequena construción de forma xeralmente rectangular, que consta dun teito sostido por columnas e que serve como lugar de actuación para agrupacións musicais durante as festas’ (Dicionario da Real Academia Galega) . O Palco Vello de Comesaña era de planta octogonal e coa ampliación da estrada a Matamá foi derrubado do seu lugar orixinal, á beira da igrexa, e as súas pedras nunca máis se volveron reconstruír; estaban acumuladas ata non hai moito tempo preto do terreiro. Fronte ao Novo Palco, de pouco valor histórico e artístico, o Palco Vello debería ser de novo construído aínda que fose como recordo. Pandiña, A A Pandiña é o nome duns campos no Rial de Mato, no barrio de Casás, que están realmente nunha pequena costaneira . Este topónimo é un diminutivo de panda , substantivo feminino usado para falar dunha ‘lomba, altura pequena e prolongada’ (Dicionario de dicionarios) . Provén igual ca o masculino pando , do latín pandus ‘arqueado, abombado’, do que fala Corominas como un ‘terreo case plano entre dous montes’. Papuíña, A Conxunto de terreos altos dentro de Redondos aos que había que chegar dende o camiño de Rial, subindo pola casa do Jaipaises. Segundo a explicación popular foi o alcume dunha veciña de Rial, coñecida como A Papuíña, o que lles deu nome a todas as leiras que rodeaban a súa casa. Tras a nosa consulta da documentación antiga, podemos dicir que isto non foi así, senón que aconteceu ao revés. O topónimo aparece xa en 1754 nun «labradío secano de segunda calidad

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==