Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 96 230). Tense apuntado a posibilidade de que algúns topónimos co mesmo nome poderían referirse a outras especies semellantes á faba, pola forma que presentan as súas follas ou froitos (Marqués Valea, 2004). Sen desbotar esta opción, pensamos que é moi probable neste caso que a forma Fabal que estamos a ver signifique precisamente ‘campo ou horta de fabas’, pois xa temos constancia da presenza de cultivos neste lugar desde o ano 1753. Figueiras, As Figueira é o nome galego dunha coñecida árbore froiteira: Ficus carica . É cultivada polos seus froitos, aínda que por veces aparece naturalizada entre as rochas da beiramar. Figueira procede do latín ficaria ‘árbore que produce figos’ ( ficus en latín). A existencia de figueiras na parroquia de Candeán quedou rexistrada desde antigo na toponimia local, como se desprende do Catastro de Ensenada. Ademais do núcleo habitado de Figueiras (Cabral), próximo á Parachán, existen actualmente os seguintes topónimos co nome desta árbore: — — Figueiras ou A Coutada de Figueiras . A ausencia de artigo nestas dúas formas fainos dubidar da orixe destes topónimos, que poderían non aludir directamente ao nome da árbore, senón ao apelido dun propietario (Navaza Blanco, 2007a). — — As Figueiras e A Poza de Figueiras (zona agrícola próxima á Lomba). Folgada, A A Folgada (ou Folgadas ) é unha zona agrícola da Goleta onde aínda se conserva algún seguedo . Linda cun pequeno regueiro que descende da Presa dos Cebiñeiros . O substantivo folgada pode ter diversas acepcións en galego, como ‘terras que se encontran descansando ou en barbeito despois dun cultivo’ ou ‘veigas húmidas dedicadas á produción de herba de prado’. Este último significado foi recollido no veciño concello de Redondela (Monteagudo, 1998). Precisamente, A Folgada da Goleta recibía este nome porque «Chamábanlle así porque eran campos que non se traballaban, que estaban pá poñer herba pá o inverno».

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1