Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

95 T O P Ó N I M O S A palabra estripeiro procede do latín stirpe , mais un sufixo - ariu . S tirpe é a ‘parte soterrada dunha árbore, o canoto coas súas raíces’, mais tamén significa esgallo (quizais pola súa relación co elemento enraizado dun enxerto, o patrón ). O estripeiro adquiriría o seu nome por ter sido usado como patrón para enxertar algunhas variedades cultivadas de pereira (Navaza Blanco, 2006). Follas de estripeiro ( Crataegus monogyna ) no Sorrego Fabal, O O Catastro de Ensenada menciona a existencia dunha casa terreña no lugar de «O Faval», vinculada con terras de regadío, monte e devesa. Na recollida de campo rexistramos os seguintes topónimos, próximos todos eles entre si e situados ao norte da Igrexa: O Fabal ou Os Fabales , As Presas do Fabal , O Camiño do Fabal , Os Campos do Fabal , Os Fabales de Arriba , Os Fabales de Abaixo e As Coutadas do Fabal . O Fabal é un topónimo que deriva da palabra galega faba (Vicia faba) . Esta conserva a forma latina orixinal faba , nome que recibía esta planta. É un legume de gran valor nutricional que foi cultivado na península ibérica desde o Neolítico e foi durante a protohistoria ou prehistoria recente un cultivo xeneralizado na Europa occidental. É un compoñente básico de calquera horta familiar, que pode ser secado e almacenado durante un tempo sen estragarse (Torres Martínez, 2005:

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1