Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 94 Estripeiro, O É unha extensión de monte próxima ao Vixiador atravesada polo camiño que ascende da Esqueiriña á Pedra Longa. Comprende unha zona de propiedade comunal denominada O Estripeiro ou O Monte do Estripeiro , mais unha superficie de parcelas particulares: As Coutadas dos Estripeiros ou Os Estripeiros . Estripeiro é o nome galego e portugués dunha arboriña caducifolia moi ramalluda e con espiñas: Crataegus monogyna . A diferenza da pereira brava, o estripeiro ten as follas divididas en lóbulos e os seus froitos son unhas bagas pequenas e comestibles de cor vermella e forma arredondada. O porte deste arbusto ou pequena árbore é moi semellante ao que presenta a pereira brava (Pyrus cordata) , de aí que en moitos lugares (incluídas as parroquias de Vigo) esta última reciba tamén o nome de estripeiro , e xérase así unha gran confusión entre estas dúas especies da familia das rosáceas. Espadana (Iris pseudacorus) en flor, nas marxes do río de San Cristovo

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1