Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

93 T O P Ó N I M O S científico indica ten unhas follas máis estreitas, e é tamén máis escasa. Ademais de espadana , recibe tamén o nome de palla real . Habita en brañas e zonas encharcadas solleiras, con pouca profundidade de auga. — — Plantas do xénero Iris (lirios). Incluídas dentro da familia das iridáceas, as especies do xénero Iris son polo xeral terrestres. Algunhas delas distribúense a través de áreas de montaña. En Vigo encontramos dúas especies deste xénero; unha delas medra no litoral, sobre solos areosos: Iris foetissisima ( a espadana fedorenta) (García Martínez, 2008). Porén, o nome espadana aplícase normalmente a unha especie acuática: a espadana amarela (Iris pseudacorus) (García Martínez, 2008) coñecida tamén como lirio bravo . Trátase dun lirio de grandes e atractivas flores amarelas que habita en lagoas, charcas e beiras de ríos e regatos, que soporta ben a sombra dos amieiros e outras árbores de ribeira. O Espadanal sería o lugar onde medraban as espadanas. O nome de espadana refírese neste caso á espadana amarela (Iris pseudacorus) ou ben á palla real (Typha latifolia) . Os campos de O Espadanal non están situados nas ribeiras de ningún curso de auga natural ou braña, pero iso non significa que non puideran aparecer estas especies, pois tamén poden medrar en regos de condución de auga. Precisamente, o núcleo rural máis próximo chámase As Cales, nome que deriva da existencia de canles de regadío tradicionais. Entre os lugares de Rabodeasno (Candeán) e O Canto (Cabral), nas ribeiras do río de San Cristovo, existe unha superficie agrícola denominada A Espadana , que se localiza na marxe esquerda do río. Neste caso non existen dúbidas sobre a idoneidade do lugar como hábitat de calquera destas dúas especies.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1