Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 92 como Devesa do Rei . Temos rexistrada esta forma na Devesa do Rei da Fonte Escura, así como nas formas O Pinal do Rei e O Lugar do Rei no barrio da Devesa. Moitas destas antigas propiedades reais pasaron co tempo a mans particulares. Pensamos que, nun primeiro momento, estas devesas tiveron como especie principal o carballo (Quercus robur) , pois as plantacións de piñeiros, procedentes de Portugal, non se comezarían a realizar ata o século xvii . No traballo de campo puidemos comprobar como algúns veciños e veciñas da parroquia continúan a empregar a forma devesa como xenérico, co significado de ‘carballeira de propiedade particular’. Espadanal, O Zona agrícola situada baixo As Cales, coñecida tamén como O Espadenal ou Espedenal . Pode accederse a ela desde A Lagoa, a través do Camiño do Espadanal . É un derivado colectivo en - ale de espadana , palabra aínda viva na parroquia de Candeán, coa que é designado o lirio de auga (Iris pseudacorus) . Este topónimo xa aparece recollido no Catastro de Ensenada, coas mesmas formas que se rexistran na actualidade: «Espadanal» e «Espadenal». Deriva do latín spatha ‘espada’ 5 (Navaza Blanco, 2006: 343) e o sufixo - anna , que para algúns autores sería un hidrónimo celta co significado de ‘pantano’ (Silgo Gauche, 2013:42). De ser correcta esta etimoloxía, a palabra espadana traduciríase literalmente como ‘espada de pantano, espada de auga’. Sabemos que, efectivamente, as plantas que reciben en galego o nome popular de espadanas presentan unhas follas largas e longas con aparencia de espadas. Ademais, trátase polo xeral de especies acuáticas con follas semellantes entre si, malia que taxonomicamente non están emparentadas e presentan polo tanto flores e frutificacións moi diferentes. Reciben o nome de espadana as seguintes especies: — — As tifáceas, en especial Typha latifolia , que presenta unhas follas máis largas. No concello de Vigo tamén podemos encontrar a especie Typha angustifolia , que como o seu propio nome 5 En parroquias viguesas como Sárdoma, Beade, Castrelos ou Freixeiro a espadana recibe o nome popular de ‘espada’. Desta forma deriva o topónimo As Espadeiras , situadas en Freixeiro, nas ribeiras do río Lagares.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1